PR-G 196 Ruta de Castro

O PR-G 196 é unha ruta circular de 10,80 km (máis unha derivación de 550 m) que percorre a parroquia de San Miguel de Castro, dominada polo xacemento arqueolóxico do Coto e bañada polo río Ulla.

No inicio é de salientar a capela de Nosa Señora das Angustias, fundada en 1707 na Albergaría e trasladada en 1880 ao Seixo, así como o antigo Camiño Real polo que transcorre a Vía da Prata cara a Santiago de Compostela. Ademais, destacan a igrexa de san Miguel, o miradoiro do castro, a hórrea de Prado e varias casas tradicionais, as pontes do tren de Gundián e a vexetación de ribeira do río Ulla.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración