Santo Estevo de Oca

A obra románica deste templo debeuse comezar probablemente cara finais do s. XII; anos máis tarde de que o bispo Diego Xelmírez adquirira a igrexa en 1115.

O templo ten unha soa nave con teito de madeira. No s. XVI acaroóuselle no muro norte unha capela cuberta cunha bóveda con forma de estrela.

Orixinalmente tiña tres portas románicas, pero no s. XVIII refíxose a da fachada e cegouse a porta do muro sur.

A ábsida é semicircular e ten un tramo recto que o une coa nave. A decoración é sinxela, capiteis vexetais no interior e canzorros lisos no exterior. Destaca a fiestra do testeiro, enmarcada por cinco arquiños de ferradura e dúas columnas.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración