A igrexa de Lagartóns, aínda que reformada, mantén o perímetro da obra románica. A cabeceira cuadrangular tivo seguramente unha bóveda de canón apuntado, semellante á de Santa Mariña de Barcala, que desapareceu. Conserva porén a fiestra central e o arco triunfal apuntado. Nun dos capiteis, de difícil interpretación, aparece un home cun puñal nunha man mentres que ten a outra suxeita por unha serpe. Da nave primitiva, tamén refeita, conserva a portada norte.
A igrexa de Lagartóns pertence ao grupo de templos nos que se mestura unha concepción espacial e simbólica plenamente románica coas novas solucións arquitectónicas oxivais típicas do s. XIII.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración