Santa Mariña de Agar

A primitiva igrexa románica de Santa Mariña de Agar era de nave única e ábsida rectangular á que se lle engadiu, nas fachadas setentrionais, unha capela de gran tamaño, e a continuación, unha sancristía.

A ábsida é froito dunha intervención posterior. No muro meridional ten un perpiaño de grandes dimensións cunha cruz de entrelazos inscrita nun círculo, posiblemente o lintel dunha das portas románicas reutilizado nas obras de ampliación da cabeceira.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración