Cóntanos o coengo López Ferreiro, redescubridor da tumba do apóstolo no ano 1879, que esta igrexa pertenceu a comezos do s. XII á belicosa raíña dona Urraca.
Segue a tipoloxía dos templos de ábsida rectangular, sendo unha das máis completas da comarca.
A nave conserva as tres portadas orixinais, unha delas tapiada. Exteriormente, na ábsida, destaca pola súa decoración a fiestra central. Aos lados, as dúas semicolumnas acaroadas fan a función de contrafortes e contrarrestan as presións que desde o interior exerce o arco apuntado que reforza as bóvedas de pedra.
Nos cumios da nave e da ábsida ten respectivamente unha laboriosa cruz de entrelazo e un fermoso Agnus Dei.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración