Santa María de Frades

Neste lugar pode que houbera, en tempos moi antigos, unha comunidade monacal da que a parroquia herdou o seu nome: Frades.

A igrexa de santa María de Frades sintetiza o espírito do románico. De ábsida rectangular e nave única, conserva íntegra a súa obra. Unha inscrición no tímpano da porta norte data a construción en 1171. Desta época é a nave, que está enteiramente cuberta cunha bóveda de canón apuntado. A cabeceira semella ser algo anterior, pois utiliza bóveda de medio canón. Quizais estivera xa construída en 1115, cando o bispo Xelmírez doou a igrexa de Frades ao mosteiro de san Martiño Pinario.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración