A igrexa de Orazo foi doada a Santiago no 1115 pola raíña Urraca. Orazo era famoso pola existencia dunha fábrica de campás que estivo en activo durante o s. XIX e comezos do XX pertencente á familia Liste.
Igrexa de planta basilical e unha soa ábsida cuadrangular. San Pedro de Orazo é probablemente unha igrexa do s. X, aínda non suficientemente estudada. Ten paralelismos con San Pedro de Ansemil (Silleda) e con outras igrexas datadas neste mesmo século tanto en Galicia como en Asturias.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración