San Pedro de Ancorados

Aínda que pouco sabemos das súas orixes, temos noticias de esta igrexa como sé dunha comunidade de monxas franciscanas en época baixomedieval. Logo, no s. XVI, pasou a depender do convento de santa Clara ata a desamortización do s. XIX.

En planta destaca pola súa singularidade á ábsida pentagonal, dividida en tramos por semicolumnas e orixinalmente con cinco fiestras das que hoxe conservamos tres.

A portada, tamén refeita en época moderna, mantén parte da estrutura románica e un fermoso e algo mutilado tímpano de cruces de entrelazos.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración