A igrexa de san Miguel de Moreira pertenceu durante a Idade Media ao mosteiro compostelán de San Martiño Pinario e posteriormente á coroa. Ampliada no s. XVIII, conserva do s. XII parte dos muros e a cabeceira completa. No exterior da ábsida, baixo o aleiro do tellado, atopamos canzorriños esculpidos con contorsionistas, músicos, animais e monstros. No interior conserva pinturas murais nas que se representa a Cristo lavando os pés dos apóstolos.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración