Couto de Ximonde

O couto salmoneiro de Ximonde é un dos máis importantes de Galicia. Acolle cada mes de maio o Concurso Internacional de Pesca de Salmón, evento incluído na programación da Festa do Salmón.

Conta con paneis interpretativos e unha estación ictiolóxica de cría e reprodución. Lugar para o paseo e a fotografía de natureza. Incluído dentro da Ruta btt do Salmón.

Atravesando a ponte colgante enlazamos co PR-G 36 Sendeiro de San Xoán da Cova.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración