Observación de cabalos salvaxes

O Monte Cabalar e os montes de Sabucedo son as montañas de referencia na paisaxe estradense. Humanizadas desde a prehistoria, conservan os vestixios de varias necrópoles megalíticas e algún dos castros máis antigos de Galicia. Hoxe dedícanse á cría gando en extensivo e nelas habitan as greas de cabalos salvaxes como as que participan na Rapa das Bestas.

Desde a Estrada podemos acceder ao Monte Cabalar a pé, en bicicleta ou en coche. A maneira máis sinxela é dirixirse ás instalacións da Cooperativa Monte Cabalar e despois dar a volta ao alto do monte para observar as greas de cabalos salvaxes, as rapaces e outros animais que alí viven.

Para acceder aos montes Sabucedo a pé, podemos utilizar a ruta PR-G 197 Ruta de Codeseda-rapa das bestas no tramo que parte de Sabucedo e chega ata o lugar do Peón.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración