O Birding tamén se practica na Estrada. No río Ulla destaca a presenza de múltiples especies de aves. O merlo rieiro, o picapeixe, a lavandeira real ou a garza real son algunhas delas.

Outro dos espazos privilexiados son as Brañas de Xestoso e a Lagoa Sacra de Olives, zonas húmidas protexidas de media montaña. Nos meses de primavera son os hábitats ideais para observar e escoitar escribentas amarelas e riscadas, lavercas, tordos charlos, trigueiróns ou especies migratorias procedentes de África, coma os picanzos vermellos, as picas das árbores, o cuco, a bubela…

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración