Partindo da tradición, varias familias estradenses apostaron por recuperar as variedades de mazá autóctonas, certificarse en ecolóxico e producir unha das mellores sidras que se pode degustar. Hoxe, A Estrada é famosa pola súa produción de sidra ecolóxica, a Ruta da Sidra e a Feira da Sidra. As diferentes sidrerías organizan visitas durante todo o ano. Época de floración das maceiras desde mediados de abril e todo maio.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración