A ruta dos muíños de Golfariz, en Pardemarín, é un percorrido circular duns 3 quilómetros. Ten como eixo un pequeno regato que foi aproveitado para instalar unha serie de muíños e unha pequena central eléctrica que dou luz ás casas da zona. O que fai especial esta ruta é o seu autor: Manuel López Castiñeiras, canteiro retirado que ideou e equipou o proxecto facendo, desta ruta, un dos lugares máis visitados da comarca.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración