O castro de Barbude é un asentamento fortificado da Idade do Ferro. A súa situación sobre unha pequena elevación permitía un control extenso do territorio e o contacto visual con multitude de castros, as veces, situados a moita distancia.