A de san Xoán é unha noite máxica e a Estrada énchese de fogueiras e música. Das máis de 150 que se prenden por todo o concello destacamos:
O san Xoán do Areal de Berres celébrase a carón do río Ulla na praia fluvial do Areal. Cada ano atrae centos de persoas que viven a maxia da fogueira da noite de san Xoán. Non faltan as sardiñas, o polbo á feira e as actuacións de grupos folk e rock.
O san Xoán do castro de Callobre é unha cita en alza. Os ritos celtas, a música e a tradición mestúranse neste peculiar San Xoán no que os veciños de Callobre desfilan cos fachos acendidos co lume traído da montaña máis mítica de Galicia: o Pico Sacro. Con eles acenderase a cacharela no alto do Castro, sempre ao son dos tambores e da música. Na festa non falta a música popular e a gran sardiñada.
San Xoán da Praíña, en Couso, ao carón do río Ulla e da monumental Pontevea. Servizo de bar, polbo á feira e actuacións musicais.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración