Varias parroquias estradenses posúen un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os “Xenerais da Ulla” constitúen unha das manifestacións máis pintorescas e coñecidas do entroido rural galego.
Como en todos os concellos situados no curso medio do río Ulla, as parroquias ribeiráns da Estrada celebran o entroido cos famosos “altos” ou “atranques” dos Xenerais ricamente vestidos e os seus enxeñosos e picarescos combates verbais.
Máis información:
xeneraisdaulla.com
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración