Na Estrada non hai parroquia sen festa, e somos 51! Pódese dicir que existe unha auténtica ruta das verbenas. Unha das máis concorridas é a Santa Margarida de Callobre (20 e o 21 de xullo), famosa por traer cada ano as mellores orquestras de Galicia.
O Festival Folk de Raíz, tamén de Callobre, As Nosas Músicas de Couso ou a variada programación de eventos e concertos da dinámica parroquia de Ouzande animan o rural estradense. Descarga a Axenda Cultural pedindo ALTA no 630 262 386.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración