Non deixes as zapatilas na casa. Se o teu e o Trail Running, na Estrada contas cun montón de rutas sinalizadas con diferentes distancias e dificultades.
E se o teu é o asfalto, temos 1000 quilómetros de estradas e pistas polas que practicamente non hai tráfico.
Ao longo do ano, o concello da Estrada en colaboración cos clubes de atletismo programan varias carreiras dando forma ao Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada “CORRE A ESTRADA CORRE”: a Nocturna Estradense, que sempre se celebra nas Festas da Estrada, o Memorial Manuel Bergueiro, o Cross Rio Liñares e a San Silvestre Estradense o día 31 de decembro.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración