Camiño Sanabrés

O Camiño Sanabrés é unha prolongación da Vía da Prata, que, desde terras zamoranas, penetra en Galicia polo sur. Este itinerario por Sanabria e Ourense permitía a viaxe dos peregrinos que chegaban desde o sueste peninsular e constitúe unha opción máis directa que a de continuar ata Astorga para enlazar co Camiño Francés.

O Camiño Sanabrés parte de Granja de Moreruela e atravesa a comarca de Sanabria. Entra en Galicia pola Gudiña, comarca de Verín, e continúa pola Limia, Allariz e Ourense. En Dozón entra na comarca de Deza, xuntándose na Laxe, Lalín, co Camiño de Inverno, variante do Camiño Francés.

Penetra no concello da Estrada pasando moi próximo ao pazo de Oca e ao pé do miradoiro de san Miguel de Castro desde onde soamente restan uns 23 quilómetros a Compostela.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración