Camiño Miñoto Ribeiro

O Camiño Miñoto Ribeiro e outro dos camiños que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Consta de varios ramais que penetran en Galicia por Cevide, tras pasar por Monçao e Melgaço, xuntándose nunha única vía que comparte partes do trazado co Camiño da Geira e dos Arrieiros.

É precisamente xusto antes de entrar no concello da Estrada onde estas vías se separan, atravesando o Camiño Miñoto Ribeiro o municipio da Estrada pola zona de Pardemarín, Lamas e Rubín para finalizar a etapa no lugar da Pena do Foxo.

Desde o Foxo diríxese cara a igrexa parroquial de Ribeira, de arquitectura neoclásica e que custodia no seu interior a figura dun Santiago Peregrino, desembocando finalmente, na Vía da Prata.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración