Nomeadas en bulas papais, privilexios reais e outros documentos, a Estrada conserva ata 19 igrexas datables entre os s. X e XIII. A través das Rutas do Románico poderás descubrir a historia de antigos mosteiros e igrexas, comparar tradicións construtivas e coñecer o significado das figuras e inscricións esculpidas nas súas pedras.
Rememora as viaxes das cuadrillas de canteiros que a partir do ano 1000 edificaron unha nova paisaxe en pedra nas proximidades de Compostela.
As Rutas do Románico da Estrada son dous percorridos para coñecer os templos que nos legou a Idade Media. Cada igrexa conta cun panel explicativo e un vídeo descargable mediante código QR para poder visualizar o interior no caso en que atopes o edificio pechado.
Máis información:
986 677 769
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración