Pazo de Oca

O pazo de Oca é, seguramente, o máis representativo dos pazos de Galicia.

O trazado dos xardíns, da segunda década do XVIII, é produto e reinterpretación da tradición paisaxística francesa. Compóñense de espazos articulados independentemente, con fasquía propia. O xogo barroco das perspectivas e o fluír da auga combínanse co granito e especies vexetais insólitas.

O pazo de Oca é propiedade da Fundación Casa Ducal de Medinaceli e forma parte da Ruta da Camelia. Un percorrido de norte a sur de Galicia a través de 12 pazos e xardíns, públicos e privados. Cerca de 8.000 variedades de camelias en xardíns vinculados ao patrimonio histórico de Galicia.

Época de floración da camelia no pazo de Oca: de xaneiro a abril.

Horario
Tarifas

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración