Definición de tapa: porción pequena de comida que se toma, polo xeral, para acompañar unha bebida.
Goza da mellor selección de viños galegos e da exquisita sidra da Estrada, de mazá autóctona e cultivo ecolóxico.
Suxerimos varios circuítos, por zonas e por proximidade de establecementos:
Cafeterías e restaurantes con renome, a tapa máis selecta.
Viñotecas e tabernas cun ambiente lúdico para todas as idades.
Bares e restaurantes de gran tradición na Estrada, asadores e cervexerías.
Regularmente prográmanse concursos e eventos relacionados co tapeo: Santa Tapa (Semana Santa), Tapéalle Cogomelos (outono), Tapas do Salmón (durante a Festa do Salmón), as merendas da zona dos viños…