O pazo de Oca é, seguramente, o máis representativo dos pazos de Galicia.
Os xardíns pódense visitar e o seu trazado, da segunda década do XVIII, é produto e reinterpretación da tradición paisaxística francesa. Compóñense de espazos articulados independentemente, con fasquía propia. O xogo barroco das perspectivas e o fluír da auga combínanse co granito e especies vexetais insólitas.
O pazo de Oca é propiedade da Fundación Casa Ducal de Medinaceli e forma parte da Ruta da Camelia. Un percorrido de norte a sur de Galicia a través de 12 pazos e xardíns, públicos e privados. Cerca de 8.000 variedades de camelias en xardíns vinculados ao patrimonio histórico de Galicia.
Época de floración da camelia no pazo de Oca: de xaneiro a abril.
Horario de 10:00 da mañá a 14:00 e de 16:00 a 20:00 da tarde
( entrada ata 30 minutos antes do peche)
Máis información: Tel. 986 587 435 | www.fundacionmedinaceli.org | pazodeoca@fundacionmedinaceli.org
Tarifas:
Entrada individual (xardíns): 10€
Entrada grupo (xardíns, mínimo 15 Pax): 7€
Visita completa (interior do pazo e xardíns): 20€ pax
Visita completa (grupos, mínimo 15 pax): 17€ pax
As visitas guiadas realizaranse os venres, sábados e domingos as 11 h. con reserva previa chamando ó Telf: (+34) 986 58 74 35 ou 600 11 68 56.
Durante todo o ano baixo reserva para grupos de mínimo 10 persoas
Duración das visitas 1,30 horas
Punto de encontro: Pazo de Oca
Máis información: Tel. 986 587 435 | 600 11 68 56 | pazodeoca@fundacionmedinaceli.org
Durante todo o curso baixo previa concertación
Duración das visitas 2,30 horas
Punto de encontro: Pazo de Oca
Información e reservas: 986 572 267 | 685 860 773 | info@tesourosnovos.com
Para máis información, visite http://www.fundacionmedinaceli.org/monumentos/oca/index.aspx