Camiño de Santiago

Camiños de Santiago

A Estrada está atravesada por varios camiños de Santiago. O máis importante e transitado é a Vía da Prata, que ten o seu inicio nas cidades de Mérida ou Sevilla.

Desde San Miguel de Castro podemos percorrer os últimos quilómetros desta ruta e chegar a Compostela en media xornada.

A distancia é de 23,9 quilómetros e no camiño atravesamos varias poboacións con todos os servizos necesarios.

Camiño da Geira Romana e dos Arrieiros

O Camiño de Santiago da Geira e dos Arrieiros é unha das rutas do Camiño Xacobeo que os portugueses usaban para chegar a Santiago de Compostela. Esta alternativa aos camiños costeiros, que utiliza a antiga calzada romana, está composta por 240 km dividida en 10 etapas; comenzando en Braga ( Portugal ) e rematando en Santiago de Compostela.  

O Camiño de Santiago da Geira e dos Arrieiros sae de Braga e atravesa o Parque Nacional da Peneda – Gêres que continúa en Galicia, na provincia de Ourense, como o Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Continúa pola comarca do Ribeiro, onde cruza o río Miño e, despois de ascender os Montes do Testeiro, entra na provincia de Pontevedra por Terra de Montes, pasando por Sabucedo, Codeseda, Nigoi, Tabeirós, Guimarei, o centro urbano da Estrada, Toedo, Santa Cristina de Vea e Cora, para cruzar o río Ulla e así completar os últimos quilómetros ata Santiago de Compostela. 

Co paso do tempo, dende as súas primeiras peregrinacións no século IX, ata os nosos días, a fama deste camiño foi crecendo e alcanzando un maior número de peregrinos tanto galegos coma estranxeiros, logrando que unha ducia de nacionalidades visiten e gocen deste camiño.

Descargar (PDF, Unknown)

Descargar (PDF, Unknown)