Está Pasando

 

Rapa das Bestas de Sabucedo

 

Doa sangue

doazon xuño 2021

O venres 18 de xuño dende as 10:00 ata as 14:00 e das 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 19 de xuño dende as 10:00 ata as 15:00 diante da praza do concello situarase a unidade móbil para a doazón de sangue.

 

Voltamos ás andainas 

cartel andainas xuño

Este mes de xuño levaránse a cabo outras andainas polo concello. 

Estas dúas rutas, serán circulares con saída e chegada no mesmo punto e terán horario de saída as 17 horas. A primeria ruta será o día 5 e a segunda o día 12. A distancia de ambas as dúas rutas son de 10 kilómetros, cunha duración de 3 horas e quince minutos e cun nivel de dificultade baixo. 

Para participar só hai que anotarse no rexistro do concello ou pola sede electrónica. 

Para máis información visita www.aestrada.gal

Liberto

liberto

Venres 21 de maio ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada.

Liberto é unha obra teatral contemporánea para adultos, cunha duración de 80 minutos e cun custo de 5.00€. As entradas debe ser recollidas previamente no Departamento de Cultura do concello.

Sinopsis: Liberto foi o espetáculo revelación nos Premios de Teatro María Casares cando acadou o maior número de finalistas na última edición, logrando o premio á meior actriz protagonista e á mellor música orixinal.

Contra todo pronóstico, esta peza converteuse nun dos espectáculos de referencia da tempada. Aplaudida pola crítica e impactante para o público, con música en directo e un ton de fina ironía, conta en primeira persoa a historia de Ada, unha nai que ten que afrontar que o seu fillo recén nado, ten unha parálisis cerebral severa. 

Doa sangue

doazon maio 2021

O venres 28 de maio dende as 10:00 ás 14:00, e dende as 16:30 ás 21 horas e o sábado 29 de maio dende as 10:00 ás 15:00 na praza do concello atoparase a unidade de doación de sangue.

Festa do Salmón

CARTEL salmon 21peq

Chegou o día do rei do río! A semana do 11 ao 17 de maio, levaranse a cabo no noso concello os actos da Festa do Salmón cunhas xornadas cheas de actividades que cumpren todas a normativa existente en materia de seguridade.

Os actos darán comezo o martes día 11 e continuarán ata o luns 17. Durante estes días gozaremos das riquísimas tapas do salmón nos locais participantes por un custo de 2 euros. Ademais haberá concertos para os que será necesario recoller un convite no departamento de Cultura do Concello.

Para máis información visita www.aestrada.gal

 

Voltamos ás andainas

Vista previa de imagen

Este mes de maio levaranse a cabo catro andainas dirixidas a persoas maiores de 55 anos. Este roteiros teñen prazas limitadas con grupos reducidos de 20 persoas guiados por dous monitores. 

Para poder desfrutar destas andainas debes incribirte previamente, ben na pranta baixa do concello, no rexistro do concello, ou ben a través da sede electrónica.

Se queres obter máis información visita www.aestrada.gal

Debido á meteroloxía destos días e a previsión para o mércores día 12, a primeira andaina de San Miguel de Castro, queda aplazada para o próximo martes 25 de maio, no mesmo horario (17 horas).

The show Moscón

Galitoon - THE SHOW MOSCÓN (nuevo espectáculo)

Este sábado 8, terá lugar no Teatro Principal ás 13:30h un espectáculo para gozar en familia de títeres e novo circo presentado por un simpático moscón. A historia acontece no interior dun armario marabilloso que abre as súas portas para presentarnos vaidosas divas da canción, arrepiantes historias de magos e mentalistas ou increíbles bebés equilibristas. 

 Esta obra ten unha duración de 50  minutos e un prezo de 3 euros. Para obter estas entradas pásate polo departamento de Cultura do concello, estamos no segundo nivel. 

O mel non caduca

O Mel Non Caduca', o naturaleza artificial | BUTACA EN ANFITEATRO

O venres 30 de abril as 20:30 horas no Teatro Principal da Estrada representarase a obra contemporánea de “O mel non caduca”. Esta obra ten unha duración de 75 minutos e un prezo de 5 euros. Para obter estas entradas pásate polo departamento de Cultura do concello, estamos no segundo nivel. 

Sinopse: Marián Bañobre e Avelino González dan vida a este texto de Santiago Cortegoso. Un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

6Coreógrafas

Este fin de semana levarase a cabo un Festival de Danza a cargo de media ducia de coreógrafas, comezará o venres 23 e rematará o domingo 25.

Este festival poderase ver no Teatro Principial ou na alameda. Para poder asistir ao Teatro colleranse as entradas no departamento de cultura do concello; para asistir á alameda, adxudicaranse os asentos segundo a orde de chegada. 

 

A Deputación oferta unha ruta pola Fervenza de Callobre

  • date
  • 4 Agosto, 2020

A Deputación de Pontevedra vén de ofertar unha serie de camiñatas dentro do programa “Depo Andainas”, co fin de dar a coñecer algúns dos entornos naturais nos puntos máis emblemáticos...

Ler Máis...

VIII Feira da Sidra

  • date
  • 28 Maio, 2019

Descargar pdf completo

Ler Máis...

Axudanos a mellorar cubrindo a seguinte enquisa

  • date
  • 19 Outubro, 2018

Enquisa

Ler Máis...

A Estrada Florece en Inverno

  • date
  • 6 Decembro, 2014
A Estrada Florece en Inverno

A camelia atopou en Galicia o seu hábitat perfecto. Na Estrada contamos cun dos exemplares máis antigos e máis representaivos de Europa: unha camelia reticulada de 150 anos. Acompañándoa,...

Ler Máis...