O castro de Callobre aséntase sobre unha elevación de 266 m rodeada por dous pequenos vales que forman o río Curantes e un dos seus afluentes. Aproveitando as defensas naturais que de por si ofrece o emprazamento, realizáronse nas partes máis accesibles foxos e parapetos sobre os que se erguían as murallas.

Parte destas estruturas da Idade do Ferro aínda son visibles na actualidade. Os veciños de Callobre recuperaron este espazo para a celebración de eventos e festas como a de san Xoán e habilitaron, coa colaboración do concello da Estrada, unha curta pero fermosa ruta de sendeirismo ata a coñecida Fervenza de Callobre.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración