Gastronomía, deporte, música, circo e moito máis, a Festa do Salmón medra cada ano.
O terceiro fin de semana do mes de maio tes unha cita na Estrada. Non te perdas as “tapas do salmón” que, desde o venres, se elaboran para a ocasión nos bares da Estrada. A gran degustación celébrase o domingo nas casetas instaladas no Novo Mercado e nas rúas e prazas anexas.
O ambiente de festa prolóngase durante toda a fin de semana. Actividades e diversión para todas as idades con animación infantil, malabares, trapecistas e circo. E á noitiña máis música co festival Salmón Rock.
Outro dos grandes protagonistas é o deporte: o Concurso Internacional de pesca do Salmón, a Ruta BTT do Salmón, o Raid Hípico do Salmón e o Rafting do Ulla.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración