San Martiño de Riobó

A igrexa de Riobó conserva practicamente íntegra a súa obra románica. A nave, con cuberta de madeira, sufreu unhas reformas no muro sur que deixaron a súa porta tapiada. Os arcos da portada occidental son lisos e ao igual que o tímpano carecen de ornamentación.

A cabeceira divídese en dous tramos, un recto con bóveda de canón e outro curvo con bóveda de cuarto de esfera. Os canzorros situados baixo o aleiro do tellado son de temática vexetal, xeométrica e zoomórfica.

Preto da igrexa de Riobó estivo a torre da Barreira, fortaleza medieval desde a que o arcebispo de Santiago exercía o control sobre a comarca de Tabeirós.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración