A igrexa de Remesar debeu construírse a comezos do s. XIII, pois a portada occidental ábrese mediante un arco apuntado, de utilización máis tardía que o habitual de medio punto. Da súa obra orixinal conserva ademais parte do muro norte da nave, estando todo o demais reformado.
É significativo o seu emprazamento, ao pé do parapeto dun castro, ocupando parte do que deberon ser as estruturas de defensa do poboado. Se ben o habitual é construír o templo sobre o castro, a elección deste emprazamento lémbranos os esforzos da igrexa por cristianizar ás xentes que habitaron os castros moitas veces ata ben entrada a Idade Media.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración