No ano 912, o bispo Sisnando cedeulle ao abade Guto, do mosteiro de San Sebastián do Pico Sagro, as dúas terceiras partes dos votos que esta igrexa pagaba ao mosteiro de San Martiño. En 1115, a raíña Urraca doou a igrexa de san Miguel de Castro ao mosteiro de Camanzo.
Da primitiva igrexa románica consérvase a ábsida, moi reconstruída na súa parte superior. Son varios os autores que nomean unhas pinturas murais que cubrían a totalidade da igrexa, hoxe desaparecidas baixo o encalado.