A Estrada é camiño
O concello da Estrada está situado no centro de Galicia, moi próximo a Santiago e lixeiramente escorado cara ás Rías Baixas, gozando da centralidade que permite estar preto de todo. A Estrada non se coñece nun día, o seu basto territorio está cheo de sorpresas: somos 51 parroquias rebosantes de natureza e cultura.
