Semana Santa 2018

Semana Santa 2018

  • date
  • 22 Marzo, 2018

SEMANA SANTA 2018
SAN PADIO DA ESTRADA

Na parroquia de San Paio da Estrada celebraremos o Venres de Dores o día 23 de marzo, coa misa á Virxe das Dores e, a continuación, a Procesión da Dolorossa.
O Domingo de Ramos lembraremos a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén e acompañarémolo coas nosas palmas e ramos, que levarán a bendición aos nosos fogares.
O Xoves Santo celebraremos a Cea do Señor, o memorial eucarístico polo que quedou entre nós para ser o alimento que fortalece a nosa vida cristiá.
O Venres Santo terán lugar o solemne viacrucis e os oficios da Paixón do Señor, na que o fillo de Deus se entrega ata derramar o seu sangue pola nosa salvación.
O Sábado Santo, na Vixilia Pascual, a celebración máis importante do ano, viviremos o gozo da Resurrección do Señor, fonte da nosa salvación e da osa vida cristiá.
Esta celebración estenderase ao Domingo de Pascua e á súa oitava.
A vivencia cristiá require de todos e todas nós que fagamos da nosa vida unha imitación constante do modelo que é Xesús Cristo.
Con todo, sentimos diariamente a nosa fraxilidade e necesitamos a axuda de Deus que, cos sacramentos, fortalece o noso camiñar cristián.
Cando se achega a celebración dos misterios da Semana Santa, todas as persoas crentes en Xesús somos chamadas para afianzarmos a nosa fe e para purificarmos a nosa vida no sacramento da Reconciliación, que nos libera do pecado que impide o noso achegamento ao Señor.
Na parroquia de San Paio, a celebración comunitaria da Penitencia realizarase o Martes e o Mércores Santo, ás 20.30 h.

Venres de Dores 23 de marzo
Ás 21.00 h realizarase a celebración en honra da Virxe das Dores e, a continuación, a PROCESIÓN DAS DORES.

Sábado 24 de marzo
Despois da misa da tarde, celebrarase o concerto de música sacra co CORO INFANTIL E XUVENIL CANTABILE.

Domingo de Ramos 25 de marzo
Celebrarase a santa misa e bendición de ramos ás 10.15 h da mañá. A BENDICIÓN SOLEMNE DE RAMOS realizarase ás 12.30 h na praza da Farola.
Celebrarase a PROCESIÓN DE RAMOS e, a continuación, a misa rezada. Tamén se celebrará a misa e a bendición de ramos ás 20.00 h.

Luns 26 de marzo
Despois da misa da tarde, celebraranse o concerto da CORAL POLIFÓNICA DE BERRES (A Estrada) e o CORO FEMININO SAN SIMÓN (Cacheiras).

Martes e Mércores Santo 27 e 28 de marzo
Haberá misa rezada ás 20.00 h.
Celebración comunitaria da Penitencia
(confesións) ás 20.30 h.

Xoves Santo 29 de marzo
CELEBRACIÓN SOLEMDA CEA DO SEÑOR ás 20.00 h.
PROCESIÓN DO CRISTO ATADO Á COLUMNA e da VIRXE DAS DORES despois dos oficios.
HORA SANTA ás 23.00 h. (prolongarase ata as 8.00 h.)

Venres Santo 30 de marzo
Viacrucis solemne ás 12.00 h.
CELEBRACIÓN SOLEMNE DA MORTE DO SEÑOR ás 20.00 h.
PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO, coa Confraría da Santa Cruz, despois dos oficios.

Sábado Santo 31 de marzo
Durante a mañá realizaranse visitas ás persoas enfermas, nas que se lles ofrecerá a comuñón (cómpre avisar o párroco).
SOLEMNE VIXILIA PASCUAL ás 23.30 h.

Domingo de Pascua 1 de abril
Misa rezada ás 10.15 h.
CELEBRACIÓN SOLEMNE DA PASCUA DE RESURRECCIÓN, con bautizos ás 12.30 h.
Misa rezada ás 20.00 h.

 

FELICES PASCUAS!!

 

 

 

  • Tags: :