Santiago de Tabeirós

 

As terras de Tabeirós, o “Taberiolos” da Idade Media, son coñecidas desde antigo e deben o nome á tribo que as habitaba dende época preromana.

A igrexa conserva case íntegra a ábsida cuadrangular, que ao carecer de elementos de transición ao gótico permite datala na segunda metade do s. XII. Destacan os canzorros polas súas orixinais esculturas baixo o teito da nave. En 1998, cando se realizaban obras de restauración, atopáronse unha ara orixinal románica e unhas pinturas que datan do s. XVI.