San Xurxo de Codeseda

 

En 1124 o rei Afonso VII dá Codeseda a Munio Pérez Tacón cando ambos foron nomeados cabaleiros en Compostela. 30 anos despois, esta mesma igrexa aparece nunha relación do Papa Anastasio IV coma mosteiro de freiras.

A  cabeceira da igrexa, de estrutura pentagonal, está considerada como unha das máis fermosas e completas da provincia de Pontevedra. A ábsida está cuberta cunha bóveda nervada e unida coa nave mediante un tramo recto con bóveda de canón. Destacan os capiteis con decoración vexetal de influencia compostelá. A nave románica desapareceu en 1851.