San Lourenzo de Ouzande

 

A igrexa de Ouzande é popular en Galicia grazas aos debuxos de Castelao.

Conserva do s. XII parte dos muros e a cabeceira semicircular, na que destacan os atrevidos canzorros con figuras de contorsionistas e animais.

No interior da ábsida ten arcos de medio punto con tendencia á ferradura e que se apean sobre capiteis decorados con motivos florais, entrelazos xeométricos ou esceas de caza.

No cumio do tellado, cara ao poñente, ten o carneiro portador da cruz, o Agnus Dei. O mesmo Castelao chamaba a estas cruces “fillas” das cruces irlandesas, se ben podemos testemuñar a existencia en Galicia deste tipo de deseños desde o s. VI.