San Miguel de Moreira

 

A igrexa de san Miguel de Moreira pertenceu durante a Idade Media ao mosteiro compostelán de San Martiño Pinario e  posteriormente á coroa. Ampliada no s. XVIII, conserva do s. XII parte dos muros e a cabeceira completa. No exterior da ábsida, baixo o aleiro do tellado, atopamos canzorriños esculpidos con contorsionistas, músicos, animais e monstros. No interior conserva pinturas murais nas que se representa a Cristo lavando os pés dos apóstolos.