Rutas de Pequeno e Gran Percorrido Homologadas (PR e GR)

PR-G 197 Ruta de Codeseda-rapa das bestas

O PR-G 197 é un sendeiro circular de 30,30 km que percorre maioritariamente as parroquias de San Xurxo de Codeseda e San Lourenzo de Sabucedo, no concello da Estrada.

As distancias que separan os dous núcleos son 13 e 17 km, o que permite dividir a ruta en dúas etapas. Tamén existe a posibilidade de dividila en dúas utilizando a variante que parte da Grela e baixa ata Codeseda.

O interese do sendeiro é múltiple e achéganos a varios xacementos arqueolóxicos de época prehistórica, a mosteiros e calzadas de orixe medieval e a igrexas, hórreos, pontes e muíños de época moderna.

Destaca a diversidade paisaxística e de relevo: zonas de río con bosques autóctonos e áreas de media montaña, hábitat dos cabalos salvaxes que participan na rapa das bestas de Sabucedo.

Para aloxarse dispoñemos dun albergue en Sabucedo e de varias casas de turismo rural en Codeseda.

Descargar (PDF, 1.5MB)

Descarga o folleto en PDF

Descargar gpx (track)

PR-G 196 Ruta de Castro

O PR-G 196 é unha ruta circular de 10,80 km (máis unha derivación de 550 m) que percorre a parroquia de San Miguel de Castro, dominada polo xacemento arqueolóxico do Coto e bañada polo río Ulla.

No inicio é de salientar a capela de Nosa Señora das Angustias, fundada en 1707 na Albergaría e trasladada en 1880 ao Seixo, así como o antigo Camiño Real polo que transcorre a Vía da Prata cara a Santiago de Compostela. Ademais, destacan a igrexa de san Miguel, o miradoiro do castro, a hórrea de Prado e varias casas tradicionais, as pontes do tren de Gundián e a vexetación de ribeira do río Ulla.

Descargar (PDF, 1.66MB)

Descarga o folleto en PDF

Descargar gpx (track)

Ruta das Canteiras da Pena Mona

PR-G 136 en proceso de homologación pola FGM.

A Ruta das Canteiras da Pedra Mona transcorre por Magán, Requián e Vilariño. O punto de unión entre as tres aldeas está no Xesteiras, cumio dun monte que domina as comarcas de Ulla-Umia e Tabeirós. Durante o percorrido descubrirás sobreirais, carballeiras, regatos e senlleiras pedras como as Escorregadas, da Aguia ou a Mona, linde de tres concellos; o vello camiño de arrieiros e muíños, hórreos, graneiras e fontes; e destacados bens eclesiásticos como as Capelas de santa Lucía e a dos Milagres. Todo, nunha fermosa paisaxe e cunhas vistas inigualables da desembocadura do Ulla.

Punto de inicio e fin: Magán/Requián

Dificultade física: Media

Dificultade terreo: Media

Tempo: 4 horas

Distancia: 14 quilómetros

Traks e máis información: http://montesdemagan.com/sendeirismo.html

GR 94 Rural de Galicia

O sendeiro GR 94 percorre 126 km entre o mar e a montaña. Coñecido polas vistas panorámicas sobre a ría de Vigo, visita o castelo de Soutomaior e os petróglifos de Campolameiro antes de entrar no concello da Estrada.

Traks e Máis información: http://fgmontanismo.es/sendeiros/gr/

Vesacarballa e Serra do Mestre

Pequena ruta circular polos muíños de Vesacarballa e Serra do Mestre en Sabucedo.

Punto de saída: Sabucedo. Fronte ao cruzamento de entrada á aldea.

Distancia: inferior a 2 km.