A estrada conta con magníficas infraestruturas e cunha ampla oferta deportiva de calidade. Podes nadar, xogar a tenis, correr ou pasear pola zona deportiva. Participar nas diversas carreiras que se programan cada ano: Nocturna, San Silvestre, Memorial Manuel Bergueiro… E se corres co teu can apúntate ás citas invernais de canicross.
Se o teu é a natureza existen varias rutas de sendeirismo e BTT homologadas ou en proceso de homologación.
Descarga os traks das rutas BTT en www.bikestrada.com ou consulta o programa de rutas de sendeirismo de primavera e outono en www.aestrada.com
As casas de turismo rural dispoñen de rutas de sendeirismo autoguiadas mediante GPS a disposición dos usuarios. Máis información www.mardecompostela.com
Podes practicar a pesca nos coutos habilitados ou asistir ao Concurso Internacional de Pesca de Salmón.
Para os máis atrevidos deportes de aventura no río Ulla organizados por diversas empresas da zona: kayak, rafting, hidrospeed…
Máis información:
Se che gusta o motor apúntate aos diversos eventos que se celebran na Estrada.
De luns a venres de 10:30 a 22:00. Sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingos de 10:00 a 14:00.
Tlf 986 572 631
Avda. da Cultura, s/n – 36680 A Estrada
A partir do 15 de xuño
Avda. da Cultura, s/n – 36680 A Estrada
Avda. da Cultura, s/n – 36680 A Estrada
Tlf 986 570 165