A Deputación oferta unha ruta pola Fervenza de Callobre

A Deputación oferta unha ruta pola Fervenza de Callobre

  • date
  • 4 Agosto, 2020

A Deputación de Pontevedra vén de ofertar unha serie de camiñatas dentro do programa “Depo
Andainas”, co fin de dar a coñecer algúns dos entornos naturais nos puntos máis emblemáticos da
provincia.
O día 30 de agosto levarase a cabo a ruta pola Fervenza de Callobre, para a cal se ofertan 200 prazas. As
participantes deberán desprazarse ó punto de partida da camiñata, onde se lles asignará un monitor e un
grupo (serán reducidos, cun máximo de 25 persoas en cada un).
Na páxina web (https://www.depo.gal/web/edepo/depo-andainas) poderán acceder a máis
información para apuntarse á ruta. O período de inscricións comeza o 10 de agosto e pecha o 24 de
agosto.

  • Tags: :