Pazo de Oca

O pazo de Oca é, seguramente, o máis representativo dos pazos de Galicia.

Os xardíns pódense visitar e o seu trazado, da segunda década do XVIII, é produto e reinterpretación da tradición paisaxística francesa. Compóñense de espazos articulados independentemente, con fasquía propia. O xogo barroco das perspectivas e o fluír da auga combínanse co granito e especies vexetais insólitas.

O pazo de Oca é propiedade da Fundación Casa Ducal de Medinaceli e forma parte da Ruta da Camelia. Un percorrido de norte a sur de Galicia a través de 12 pazos e xardíns, públicos e privados. Cerca de 8.000 variedades de camelias en xardíns vinculados ao patrimonio histórico de Galicia.

Época de floración da camelia no pazo de Oca: de xaneiro a abril.

Horario:

Horario de 10:00 da mañá a 14:00 e de 16:00 a 20:00 da tarde

( entrada ata 30 minutos antes do peche)

Máis información: Tel. 986 587 435  |   www.fundacionmedinaceli.org  |  pazodeoca@fundacionmedinaceli.org

Tarifas: 

Entrada individual (xardíns): 10€

Entrada grupo (xardíns, mínimo 15 Pax): 7€

Visita completa (interior do pazo e  xardíns): 20€ pax

Visita completa (grupos, mínimo 15 pax): 17€ pax

As visitas guiadas realizaranse os venres, sábados e domingos as 11 h. con reserva previa chamando ó Telf: (+34) 986 58 74 35 ou 600 11 68 56.

Visitas guiadas e teatralizadas:

Durante todo o ano baixo reserva para grupos de mínimo 10 persoas

Duración das visitas 1,30 horas

Punto de encontro: Pazo de Oca

Máis información: Tel. 986 587 435 |  600 11 68 56 |  pazodeoca@fundacionmedinaceli.org

Visitas para Escolares

Durante todo o curso baixo previa concertación

Duración das visitas  2,30 horas

Punto de encontro: Pazo de Oca

Información e reservas: 986 572 267  |  685 860 773  |  info@tesourosnovos.com

 

Para máis información, visite http://www.fundacionmedinaceli.org/monumentos/oca/index.aspx